Thursday, March 24, 2011

FRONTEIRAS no II Ciclo de Cine Documental da facultade de Socioloxía d’A Coruña

A programación do II Ciclo de Cine Documental “Unha ollada ao social galego”, organizado pola Facultade de Socioloxía da Universidade d’A Coruña inclúe unha proxección de FRONTEIRAS e un coloquio con Rubén Pardiñas. Será o mércores 4 de maio ás 11:00 horas.

Máis información aquí

Posted by Fronteiras in 14:55:51 | Permalink | Comments Off

Friday, October 22, 2010

Proxección de FRONTEIRAS e coloquio en Verín

A Casa da Cultura de Verín acolle o  vindeiro martes 26 de outubro ás 19:00 horas a proxección de FRONTEIRAS. Despois terá lugar unn coloquio no que participará Rubén Pardiñas, director do documental, sobre a situación da lingua e da cultura galegas nas comarcas limítrofes galego-portuguesas. O acto, que conta coa colaboración da Axencia Audiovisual Galega, enmarcase no ciclo Ver, ler; falar e amizar, que organiza o Concello de Verín co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que en diferentes sesións contará coa presenza de Diana Gonçalves, Agustín Fernández Paz e Anxo Angueira.

Máis información aquí

Posted by Fronteiras in 12:58:00 | Permalink | Comments Off

Thursday, February 11, 2010

FRONTEIRAS en Lisboa

O vindeiro venres 19 de febreiro terá lugar ás 17.30 horas, no Centro Galego de Lisboa, unha proxección de FRONTEIRAS, nun acto no que intervirá o profesor Alberte Bautista.

Máis información aquí

Posted by Fronteiras in 00:31:54 | Permalink | Comments Off

Sunday, May 17, 2009

Proxección de FRONTEIRAS n´A Coruña

Co gallo das Letras Galegas, FRONTEIRAS será proxectado o vindeiro xoves 21 de maio ás 20:30 horas na coruñesa Casa das Atochas (Rúa Atocha Alta, 14), acto que tamén incluirá unha presentación a cargo de Rubén Pardiñas, director do documental.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras in 00:08:28 | Permalink | Comments Off

Tuesday, May 12, 2009

FRONTEIRAS n´O Carballiño o Día das Letras

O vindeiro domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, o festival “Orcellón fala e Canta” de O Carballiño programou un pase do documental FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas. Haberá unha presentación a cargo do director da película, e se cadra un pequeno debate despois da proxección, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e programación completa con tódolos actos aquí
  

Posted by Fronteiras in 19:29:54 | Permalink | Comments Off

Monday, March 9, 2009

A TERCEIRA PÓLA e FRONTEIRAS no Teatro Principal de Compostela

Esta semana o Teatro Principal de Santiago de Compostela vai celebrar un ciclo de cinema galego que inclúe na programación os documentais A TERCEIRA PÓLA e FRONTEIRAS. Haberá dúas sesións dobres. A primeira mañá martes 10 de marzo ás 22:00 horas, e a segunda o vindeiro venres 13, ás 20:15 horas. A entrada é de balde.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras in 09:49:33 | Permalink | Comments Off

Monday, February 16, 2009

FRONTEIRAS no Diario Cultural da Radio Galega

Co gallo das vindeiras proxeccións de FRONTEIRAS (o mércores 18 en Tui e o venres 20 en Marín), o Diario Cultural da Radio Galega adícaralle a sección “Páxina do Audiovisual” ao documental de Rubén Pardiñas. O programa, que sae ás ondas dende as 15:00 até as 16:00 horas, emitirá durante toda a semana pequenos audios da película.

Posted by Fronteiras in 11:58:09 | Permalink | Comments Off

Friday, October 17, 2008

A TERCEIRA PÓLA no Museo do Pobo Galego

Do 31 de outubro ao 6 de novembro vaise celebrar no compostelán Museo do Pobo Galego a III Mostra de Cinema Etnográfico. O documental A TERCEIRA PÓLA, dirixido por Rubén Pardiñas, vén de ser incluído na programación, e proxectarase o martes 4 de novembro ás 19:00 horas.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras in 12:12:15 | Permalink | Comments Off

Tuesday, October 14, 2008

Proxección de FRONTEIRAS no Festival de Cine Internacional de Ourense

O pase, dentro da sección Panorama Galicia, terá lugar hoxe ás 17:00 horas no Centro Cultural da Deputación.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras in 11:17:11 | Permalink | Comments Off

Tuesday, September 30, 2008

Comentario sobre FRONTEIRAS no Diario de Cádiz

Diario de Cádiz, 19 de setembro:

“Todo el documental parece centrarse en aquellos que buscan lo que separa y no lo que une. Pero en un golpe de manivela final, los que parecen ser enemigos irreconciliables, son, en realidad, amigos, compañeros, familiares o parejas, conscientes de disfrutar de una diversidad que se expresa, en el fondo, en latín vulgar”.

Para ler o artigo completo pica aquí
  

Posted by Fronteiras in 11:41:42 | Permalink | Comments Off