Deixounos Horacio Rodríguez
Chegounos a triste nova do falecemento, hai uns días, de Horacio Rodríguez, un dos participantes en FRONTEIRAS que máis simpatías provocaba no público. Horacio era un home excepcional, coleccionista de xoguetes tradicionais, vellas máquinas de coser, aparellos de todo tipo e, sobre todo, palabras a piques de desaparecer. Era a mellor mostra viva do galego falado nas Portelas de Zamora, e todos os que puidemos falar con el lle debemos moito.
Posted by
at
13:29:45