Wednesday, September 19, 2007

FRONTEIRAS en Fronte[i]ras´07

FRONTEIRAS proxectarase no marco do I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares Fronte[i]ras ´07 que ata decembro se vai desenvolver en diversas localidades a unha e outra beira do río Miño. O pase será o xoves 27 de setembro ás 12:00 horas na Casa das Campás de Pontevedra, e a programación da mañá completarase con outros dous documentais: Aillados de Antonio Caeiro, e Paralelo 36 de José Luis Tirado. 

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 20:01:23 | Permalink | Comments (1) »

Saturday, September 15, 2007

Graciñas aos blogueiros que se fixeron eco da andaina de FRONTEIRAS

Queremos agradecer a todos os blogueiros que veñen publicando cousas sobre o noso documental:

O Blog de Anxélica
Diário dum Suevo
Blog de César Salgado
Menéame
ebierzo.com
DelCelta.com
Os superheróis também cagam
Provincia del Vierzo
Primeiralinha
MaisUm
malmequer

… e moitos máis.

Grazas a todos vos podemos ler unha morea de comentarios sobre FRONTEIRAS que nos enchen de satisfacción, así como interesantes discusións e debates sobre o tema fronteirizo.

Graciñas a todos!
  

Posted by Fronteiras at 20:15:27 | Permalink | Comments (1) »

Monday, September 3, 2007

FRONTEIRAS xa se pode ver completo a través de Google Video

FRONTEIRAS xa está na rede. Advertimos que a calidade non é moi boa, pois se trata dunha copia gravada da TVG, coa subseguinte dexeneración á hora de comprimila para internet… En fin, agradecemos de tódolos xeitos a difusión.
 
Máis información en Vieiros

Para ver o documental pica aquí 

Posted by Fronteiras at 18:23:38 | Permalink | Comments (1) »