FRONTEIRAS en Fronte[i]ras´07
FRONTEIRAS proxectarase no marco do I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares Fronte[i]ras ´07 que ata decembro se vai desenvolver en diversas localidades a unha e outra beira do río Miño. O pase será o xoves 27 de setembro ás 12:00 horas na Casa das Campás de Pontevedra, e a programación da mañá completarase con outros dous documentais: Aillados de Antonio Caeiro, e Paralelo 36 de José Luis Tirado.
Máis información aquí
Posted by
at
20:01:23
Foi pena non incluír no documentario a viaxe de estudos (tese de doutoramento) que fixo o lingüista alemán (de Hamburgo) Hans-Karl Schneider á Baixa Limia, en 1933, na que defende e penso que demostra o arcaísmo do galego-português falado a ambos os lados do río Limia e da raia.
Saúdos para o señor Pardiñas e parabéns a agradecementos polo seu labor polo país.
Júlio Medela de Lobeira
galeguistas@yahoo.com