Thursday, November 29, 2007

Entrevista a Rubén Pardiñas en El 45


Hoxe ás 19: 45 horas estréase FRONTEIRAS en Asturias. O director, Rubén Pardiñas, fala sobre o documental para El 45, o xornal do Festival Internacional de Cine de Xixón:

Resulta muy curioso a un vecino de Zamora que reivindica que es castellano, no gallego, pero con un acento totalmente galaico.

Que un zamorano que habla gallego se sienta castellano no es nada excepcional: el mundo está lleno de brasileños que hablan portugués, argentinos que hablan español o estadounidenses que hablan inglés, y nadie se cuestiona su nacionalidad por el hecho de que hablen un idioma cuyo nombre remite a otro lugar.

(…)
En el fondo, quizás, lo que hay es miedo a perder la identidad.

Claro. La reticencia de la ALLA y otras instituciones a considerar gallego la fala refleja el miedo a que los eonaviegos tomen el nombre de su idioma como patrón de su identidad colectiva. En todo caso,  tanto si se quiere fomentar el nacionalismo asturiano como el gallego en el Eo-Navia (posturas respetables las dos) lo que no se debería hacer es engañar a la gente sobre la filiación –gallegoportuguesa- de la fala, como advierte en el documental Ramón d´Andrés.
 
Ler a entrevista completa na páxina 7 de El 45 (nº 8)
 

Posted by Fronteiras at 09:10:42 | Permalink | Comments (1) »

Tuesday, November 27, 2007

Vieiros entrevista a Rubén Pardiñas sobre FRONTEIRAS

No día da proxección de FRONTEIRAS no Cineuropa de Compostela (Aula Sociocultural Caixa Galicia, 20:00 horas), o xornal electrónico Vieiros publica unha entrevista con Rubén Pardiñas, director do documental:

O filme preséntase en Xixón. Atopaches moitas reticencias?
Estamos moi satisfeitos de que Fronteiras se poida ver en Xixón, porque era un dos nosos obxectivos. E a organización do festival fixo unha aposta por un filme que aborda un asunto polémico en Asturias.

Cres que vai haber polémica?
Hai certos sectores en Asturias, sobre todo no asturianismo, que están reflectidos no documental, tamén, que rexeitan por completo o feito de que a lingua que se fala entre o Eo e o Navia sexa unha variante do galego. En parte está a identificación dunha realidade lingüística e unha realidade política. Moitas linguas en todo o mundo son faladas fóra dos seus territorios, e non pasa nada. Unha cousa non implica a outra.

Ler a entrevista completa en Vieiros
  

Posted by Fronteiras at 09:52:53 | Permalink | No Comments »

Friday, November 23, 2007

Un pouco de polémica…

Cando só faltan seis días para o pase no Festival de Xixón, rescatamos dúas ligazóns a sitios nos que a xente deixou as súas opinións (máis ou menos tremendistas) sobre a nosa peliculiña FRONTEIRAS:

Berro al ouguido, onde hai quen pensa que o documental é unha “proclamación nazi-espansionista gallega”

ArroutadaNoticias, onde alguén di que “nen no cinema máis chusco de propaganda se chegaba tan lonxe”
  

Posted by Fronteiras at 12:53:08 | Permalink | Comments (3)

Thursday, November 15, 2007

O Festival Internacional de Cine de Xixón proxectará FRONTEIRAS

FRONTEIRAS estrearase por fin en Asturias. Será na sección Esbilla da 45ª edición do Festival Internacional de Cine de Xixón, que se celebrará do 22 de novembro ao 1 de decembro. O festival programou dous pases do documental. O primeiro será o xoves 29 de novembro, xornada que incluirá un encontro co público, e o venres 30 proxectarase de novo. Próximamente informaremos sobre horarios, así coma sobre os participantes nun debate que promete ser moi interesante.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 11:49:17 | Permalink | No Comments »