Friday, December 28, 2007

A opinión de Xosé Luís Méndez Ferrín e de Lluís Xabel Álvarez

 
Recuperamos hoxe dous interesantes artigos (que inclúen cadansúa cita ao documental FRONTEIRAS) nos que se expoñen dúas posturas diferentes con respecto á polémica ”lingüística-cultural-política” do Eo-Navia. Pola parte galega escribe Xosé Luís Méndez Ferrín, no Faro de Vigo (30.03.07). Pola asturiana, Lluís Xabel Álvarez, en La Voz de Asturias (14.01.07). Os dous interveñen en FRONTEIRAS.

Para ler o artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín pica aquí

Para ler o artigo de Lluís Xabel Álvarez pica aquí
   

Posted by Fronteiras at 09:55:04 | Permalink | No Comments »

Monday, December 17, 2007

Proxección de FRONTEIRAS en Ordes

O vindeiro venres 21 de decembro, ás 18:00 horas, terá lugar no Centro Comarcal do concello coruñés de Ordes unha proxección do documental FRONTEIRAS. Organizada por Galiza Nova, trátase do seu primeiro acto público na vila.

Máis información aquí 
     

Posted by Fronteiras at 17:51:43 | Permalink | No Comments »

Tuesday, December 4, 2007

Animada proxección de FRONTEIRAS en Asturias

Lembramos esta ligazón a un foro de ArroutadaNoticias no que se dá conta da reacción do público do Festival de Xixón durante o pase de FRONTEIRAS e posterior coloquio con Rubén Pardiñas. Pola súa banda, o blog [no] VACANCY resume o encontro co público así:

“espectáculo lamentable por parte de cuatro gañanes que vinieron nada más que a montarla. Allí se escuchó de todo. Lo peor: la “escritora e intelectual asturiana” como ella misma se definió.”

A escritora e intelectual asturiana foi a que rematou a súa intervención chamándolle imbécil ao director e pedíndolle que non voltase por Asturias. Para rematar, outra opinión en Lletres, Foru de Llingua y Lliteratura Asturiana:

“Salí asustada coles intervenciones de la xente. Hoi vi insultos a Ferrín o a Frías Conde cuando daben la so opinión nun documental. Repito, la so opinión. Hoi vi cómo se ponía en duda si Ramón d’Andrés yera asturianu o non. Vi actitúes amenazantes, insultos a público discrepante, tensión… En fin, hoi vi la imaxe qu’a della xente ellí presente tuvo que da-y el movimientu de reivindicación llingüística.”
   

Posted by Fronteiras at 23:51:54 | Permalink | Comments (6)

Monday, December 3, 2007

Crítica de FRONTEIRAS no Novas da Galiza

Xan Gómez Viñas escribiu no número do 15 de outubro ao 15 de novembro do xornal Novas da Galiza unha crítica sobre o documental FRONTEIRAS:

Assim, em ‘Fronteiras’, nomeadamente na sua primeira parte, as opinions dos ‘expertos’ solapáromse de tal maneira que, por exemplo, aos membros da Academia da Língua Asturiana responderá de um modo tam imediato como implacável Méndez Ferrín, a quem se atribui no filme o direito da última palavra. Assim, a estrutura do documentário perde a sua condiçom dialéctica para tornarse diálogo fechado em que apenas mudarám os postulados iniciais, por outra parte já conhecidos, de cada um dos entrevistados, fazendo inútil a longa duraçom –quase umha hora- da fita. Mesmo assim, ‘Fronteiras’ emerge como documento fílmico da diglossia e a perda de identidade dos galego falantes, tanto dentro como fora da Galiza oficial. Intervençons como a de um labrego de Sanabria quem, num perfeito galego, expom “isto nom é Galiza nem o caralho…”, aproxima-nos à origem do problema de maneira muito mais viva e directa que os sucessivos debates filológicos sem saída à vista.

Ademais dalgunhas outras opinións sobre FRONTEIRAS, Gómez Viñas toca a interesante cuestión da presunta obxectividade do xénero documental, que di non ter atopado no traballo de Rubén Pardiñas (aínda que non explica se isto lle parece ben ou mal). 

Ler a crítica completa na páxina 18 do Novas da Galiza - 59 
  

Posted by Fronteiras at 19:20:24 | Permalink | No Comments »