Set 19, 2007

FRONTEIRAS en Fronte[i]ras´07



FRONTEIRAS proxectarase no marco do I Encontro Internacional de Artes Transdisciplinares Fronte[i]ras ´07 que ata decembro se vai desenvolver en diversas localidades a unha e outra beira do río Miño. O pase será o xoves 27 de setembro ás 12:00 horas na Casa das Campás de Pontevedra, e a programación da mañá completarase con outros dous documentais: Aillados de Antonio Caeiro, e Paralelo 36 de José Luis Tirado. 

Máis información aquí
  
Escrito por Fronteiras em 21:01:23 | Link permanente | Comments (1) |

Set 15, 2007

Graciñas aos blogueiros que se fixeron eco da andaina de FRONTEIRAS

Queremos agradecer a todos os blogueiros que veñen publicando cousas sobre o noso documental:

O Blog de Anxélica
Diário dum Suevo
Blog de César Salgado
Menéame
ebierzo.com
DelCelta.com
Os superheróis também cagam
Provincia del Vierzo
Primeiralinha
MaisUm
malmequer

... e moitos máis.

Grazas a todos vos podemos ler unha morea de comentarios sobre FRONTEIRAS que nos enchen de satisfacción, así como interesantes discusións e debates sobre o tema fronteirizo.

Graciñas a todos!
  
Escrito por Fronteiras em 21:15:27 | Link permanente | Comments (1) |

Set 03, 2007

FRONTEIRAS xa se pode ver completo a través de Google Video



FRONTEIRAS xa está na rede. Advertimos que a calidade non é moi boa, pois se trata dunha copia gravada da TVG, coa subseguinte dexeneración á hora de comprimila para internet... En fin, agradecemos de tódolos xeitos a difusión.
 
Máis información en Vieiros

Para ver o documental pica aquí 

Escrito por Fronteiras em 19:23:38 | Link permanente | Comments (1) |