Monday, March 24, 2008

FRONTEIRAS competirá en Documenta Madrid 08

O prestixioso Festival Internacional de Documentales de Madrid, que este ano acada a 5ª edición, vén de seleccionar na súa sección competitiva ´Certamen Nacional de Largometrajes´ o documental FRONTEIRAS, dirixido por Rubén Pardiñas. O festival terá lugar dende o 2 até o 11 de maio. Nos vindeiros días agardamos poder concretar sobre datas e horarios de proxección.

Máis información na web de Documenta Madrid
  

Posted by Fronteiras at 15:30:32 | Permalink | No Comments »