Tuesday, September 30, 2008

Comentario sobre FRONTEIRAS no Diario de Cádiz

Diario de Cádiz, 19 de setembro:

“Todo el documental parece centrarse en aquellos que buscan lo que separa y no lo que une. Pero en un golpe de manivela final, los que parecen ser enemigos irreconciliables, son, en realidad, amigos, compañeros, familiares o parejas, conscientes de disfrutar de una diversidad que se expresa, en el fondo, en latín vulgar”.

Para ler o artigo completo pica aquí
  

Posted by Fronteiras at 11:41:42 | Permalink | No Comments »

Monday, September 22, 2008

O Festival de Cine de Ponferrada selecciona FRONTEIRAS

O documental de Rubén Pardiñas vén de ser seleccionado no 6º Festival de Cine de Ponferrada, que terá lugar na cidade berciana do 26 de setembro ao 4 de outubro. Vaise proxectar dentro da sección ´Kaleidoskopio´ o mércores 1 de outubro ás 20:30 horas no Centro Cultural Caja España. 

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 15:20:45 | Permalink | No Comments »

Friday, September 12, 2008

O Alcances de Cádiz proxectará FRONTEIRAS o martes 16 e o mércores 17


A 40 ª edición da Muestra Cinematográfica del Atlántico, que se desenvolve en Cádiz até o 20 de setembro, proxectará FRONTEIRAS o martes 16 ás 19:30 horas, dentro da sección oficial e na categoría de Unidades Documentais. Unha segunda proxección terá lugar o mércores 17 ás 00:30 horas. Os dous pases serán nos Multicines Al-Andalus (El Centro), situado na Plaza del Palillero s/n.

Consulta toda a programación de Alcances
  

Posted by Fronteiras at 10:55:13 | Permalink | No Comments »

Tuesday, September 2, 2008

O Festival de Ourense proxectará FRONTEIRAS

A sección ´Panorama Galicia´ da 13ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense incluirá o documental FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas. O festival vaise desenvolver do 11 ao 18 de outubro.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 23:13:17 | Permalink | No Comments »