Mar 29, 2008

Proxección de FRONTEIRAS en Bueu


FRONTEIRAS chega a Bueu. Dentro do ciclo ´Cinemas Dixitais´, o documental será proxectado hoxe sábado 29 de marzo ás 21:00 horas no Centro Social do Mar.
  
Escrito por Fronteiras em 10:31:00 | Link permanente | Comments (0) |

Mar 24, 2008

FRONTEIRAS competirá en Documenta Madrid 08



O prestixioso Festival Internacional de Documentales de Madrid, que este ano acada a 5ª edición, vén de seleccionar na súa sección competitiva ´Certamen Nacional de Largometrajes´ o documental FRONTEIRAS, dirixido por Rubén Pardiñas. O festival terá lugar dende o 2 até o 11 de maio. Nos vindeiros días agardamos poder concretar sobre datas e horarios de proxección.

Máis información na web de Documenta Madrid
  
Escrito por Fronteiras em 16:30:32 | Link permanente | Comments (0) |

Mar 15, 2008

´A Nosa Terra´ entrevista a Rubén Pardiñas

 

O semanario ´A Nosa Terra´ publica no seu número do 13 ao 26 de marzo unha entrevista a Rubén Pardiñas, na que o director fala do seu vindeiro documental, A TERCEIRA PÓLA.
 
Máis información aquí
   
Escrito por Fronteiras em 18:51:00 | Link permanente | Comments (0) |

Mar 01, 2008

Primeiras proxeccións de FRONTEIRAS en ´Cinemas Dixitais´

Con marzo chegan as proxeccións de FRONTEIRAS programadas no ciclo de ´Cinemas Dixitais´adicado aos documentais galegos. Os primeiros pases terán lugar o día 6 en Porto do Son (ás 20:00 horas na Asociación Cultural ´Arela´) e o día 8 en Cambados (ás 18:00 horas no Centro Comarcal do Salnés).

Se queres consultar o dossier completo do programa Documentais I, ou ollar un teaser con fragmentos de todos os traballos escollidos, pica aquí
  
Escrito por Fronteiras em 11:27:32 | Link permanente | Comments (0) |