Maio 17, 2008

Estrea de A TERCEIRA PÓLA en televisión


Hoxe, Día das Letras Galegas,  a Televisión de Galicia estreará ás 16:24 horas A TERCEIRA PÓLA, un documental dirixido por Rubén Pardiñas que se achega ao particular enclave do Val de Xálima, un recanto no noroeste de Estremadura que mantén viva unha variedade de galego desde que a principios do século XIII aquelas terras fosen repoboadas con colonos orixinarios das zonas de Ourense e Zamora.

Máis información aquí
  
Escrito por Fronteiras em 13:58:07 | Link permanente | Comments (0) |

Maio 16, 2008

Proxección de FRONTEIRAS e coloquio en A Coruña


Dentro da programación dedicada ás letras galegas que o concello de A Coruña vén desenvolvendo durante todo o mes de maio, o luns 19 ás 19:30 horas terá lugar no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) unha proxección do documental Fronteiras, seguida dun coloquio ao que acudirán Rubén Pardiñas (director da película) e Carlos Varela Aenlle (académico correspondente da RAG en Asturias).
 
Máis información aquí
  
Escrito por Fronteiras em 13:45:23 | Link permanente | Comments (0) |

Maio 06, 2008

Artigo no Faro de Vigo

Hoxe sae publicado no Faro de Vigo un artigo sobre a situación do documental en Galicia, coas opinións dos directores Lois Patiño, Margarita Ledo, Miguel Abad e Rubén Pardiñas

Para ler o artigo pica aquí
  
Escrito por Fronteiras em 13:38:04 | Link permanente | Comments (0) |

Maio 01, 2008

Reportaxe en El Cultural



Co gallo da celebración de Documenta Madrid 08 sae hoxe publicado en El Cultural de El Mundo unha ampla reportaxe na que varios directores (entre outros José Luis Lopez Linares, Javier Corcuera, e tamén Rubén Pardiñas) falan sobre as súas películas e o xénero documental en xeral.

Máis información en El Cultural
  
Escrito por Fronteiras em 15:30:44 | Link permanente | Comments (0) |