Sunday, May 17, 2009

Proxección de FRONTEIRAS n´A Coruña

Co gallo das Letras Galegas, FRONTEIRAS será proxectado o vindeiro xoves 21 de maio ás 20:30 horas na coruñesa Casa das Atochas (Rúa Atocha Alta, 14), acto que tamén incluirá unha presentación a cargo de Rubén Pardiñas, director do documental.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 00:08:28 | Permalink | No Comments »

Tuesday, May 12, 2009

FRONTEIRAS n´O Carballiño o Día das Letras

O vindeiro domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, o festival “Orcellón fala e Canta” de O Carballiño programou un pase do documental FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas. Haberá unha presentación a cargo do director da película, e se cadra un pequeno debate despois da proxección, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura.

Máis información e programación completa con tódolos actos aquí
  

Posted by Fronteiras at 19:29:54 | Permalink | No Comments »