FRONTEIRAS n´O Carballiño o Día das Letras
O vindeiro domingo 17 de maio, Día das Letras Galegas, o festival “Orcellón fala e Canta” de O Carballiño programou un pase do documental FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas. Haberá unha presentación a cargo do director da película, e se cadra un pequeno debate despois da proxección, que comezará ás 20.00 horas na Casa da Cultura.
Máis información e programación completa con tódolos actos aquí