Proxección de FRONTEIRAS e coloquio en Verín
A Casa da Cultura de Verín acolle o vindeiro martes 26 de outubro ás 19:00 horas a proxección de FRONTEIRAS. Despois terá lugar unn coloquio no que participará Rubén Pardiñas, director do documental, sobre a situación da lingua e da cultura galegas nas comarcas limítrofes galego-portuguesas. O acto, que conta coa colaboración da Axencia Audiovisual Galega, enmarcase no ciclo Ver, ler; falar e amizar, que organiza o Concello de Verín co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e que en diferentes sesións contará coa presenza de Diana Gonçalves, Agustín Fernández Paz e Anxo Angueira.
Máis información aquí
