FRONTEIRAS en El País
Esta curiosidade polas fronteiras culturais alén dos lindeiros administrativos é a que moveu tamén ó xove realizador vigués Rubén Pardiñas. para estrearse no xénero documental. En Fronteiras, Pardiñas tenta achegarse con obxectividade a un tema tan vello como irresoluble: os límites xeográficos da língua galega en Asturias, León, Zamora ou Portugal. No documental aparecen opinións de personaxes tan dispares como académicos asturianos e galegos, músicos, historiadores ou políticos como Manuel Fraga ou Xosé Manuel Beiras. Pero, sen dúbida, hai dous personaxes que, por antagónicos, eríxense en protagonistas do filme: o ex presidente da Academia Asturiana da Llingua, Xosé Lluis García-Arias e o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín. Nun momento do documental, García-Arias fai referencia a "un vello afán de expansionismo lingüístico dalgún tipo de galeguismo, que pretende recrear unha vella Gallaecia". Na contraréplica da montaxe, Ferrín maniféstase con ironía: "Si home si, estamos nós para ser imperialistas. Aínda non conseguímolo noso, e imos conseguir o que non é noso".
"Buscando historias nas fronteiras" (Alfonso Pato en El País, 27.04.07)

