Vieiros entrevista a Rubén Pardiñas sobre FRONTEIRAS
No día da proxección de FRONTEIRAS no Cineuropa de Compostela (Aula Sociocultural Caixa Galicia, 20:00 horas), o xornal electrónico Vieiros publica unha entrevista con Rubén Pardiñas, director do documental:
O filme preséntase en Xixón. Atopaches moitas reticencias?
Estamos moi satisfeitos de que Fronteiras se poida ver en Xixón, porque era un dos nosos obxectivos. E a organización do festival fixo unha aposta por un filme que aborda un asunto polémico en Asturias.
Cres que vai haber polémica?
Hai certos sectores en Asturias, sobre todo no asturianismo, que están reflectidos no documental, tamén, que rexeitan por completo o feito de que a lingua que se fala entre o Eo e o Navia sexa unha variante do galego. En parte está a identificación dunha realidade lingüística e unha realidade política. Moitas linguas en todo o mundo son faladas fóra dos seus territorios, e non pasa nada. Unha cousa non implica a outra.
Ler a entrevista completa en Vieiros

