Proxección de FRONTEIRAS e coloquio en A Coruña
Dentro da programación dedicada ás letras galegas que o concello de A Coruña vén desenvolvendo durante todo o mes de maio, o luns 19 ás 19:30 horas terá lugar no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) unha proxección do documental Fronteiras, seguida dun coloquio ao que acudirán Rubén Pardiñas (director da película) e Carlos Varela Aenlle (académico correspondente da RAG en Asturias).
Máis información aquí

