Thursday, August 14, 2008

Proxección de FRONTEIRAS no VERBUM de Vigo

O vindeiro martes 19 de agosto ás 21:00 horas terá lugar no VERBUM-Casa das Palabras unha proxección de FRONTEIRAS, dentro do programa ´Cinemas Dixitais´ organizado pola Axencia Audiovisual Galega. Trátase da pirmeira proxección en Vigo do documental.

Máis información na programación do VERBUM
  

Posted by Fronteiras at 13:37:23 | Permalink | No Comments »

Thursday, July 24, 2008

Emisión de FRONTEIRAS na Galega

Para mañá venres 25 de xullo a Televisión de Galicia programou un pase de FRONTEIRAS contra as 8:10 horas da mañá.
  
Posted by Fronteiras at 09:47:35 | Permalink | No Comments »

Wednesday, July 16, 2008

FRONTEIRAS competirá no Alcances de Cádiz

FRONTEIRAS vén de ser incluído na sección oficial da 40ª Muestra Cinematográfica del Atlántico Alcances 08, que se desenvolverá na cidade andaluza de Cádiz do 11 ao 20 de setembro. En breve informaremos de datas e horarios de proxección.

Máis información aquí

Posted by Fronteiras at 12:48:53 | Permalink | No Comments »

Tuesday, June 10, 2008

Netclub entrevista a Rubén Pardiñas

Esta semana saiu publicada na web do Netclub de Caixa Galicia unha entrevista con Rubén Pardiñas, na que o director de FRONTEIRAS fala sobre diversos aspectos do documental, e tamén sobre A TERCEIRA PÓLA.

Para ler a entrevista pica aquí

Posted by Fronteiras at 11:58:52 | Permalink | No Comments »

Wednesday, May 28, 2008

Méndez Ferrín, Premio Nacional de Literatura

Parabéns a Xosé Luís Méndez Ferrín, unha das ´estrelas´ da nosa peliculiña.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 13:51:57 | Permalink | No Comments »

Saturday, May 17, 2008

Estrea de A TERCEIRA PÓLA en televisión


Hoxe, Día das Letras Galegas,  a Televisión de Galicia estreará ás 16:24 horas A TERCEIRA PÓLA, un documental dirixido por Rubén Pardiñas que se achega ao particular enclave do Val de Xálima, un recanto no noroeste de Estremadura que mantén viva unha variedade de galego desde que a principios do século XIII aquelas terras fosen repoboadas con colonos orixinarios das zonas de Ourense e Zamora.

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras at 12:58:07 | Permalink | No Comments »

Friday, May 16, 2008

Proxección de FRONTEIRAS e coloquio en A Coruña


Dentro da programación dedicada ás letras galegas que o concello de A Coruña vén desenvolvendo durante todo o mes de maio, o luns 19 ás 19:30 horas terá lugar no Fórum Metropolitano (Rúa Río Monelos, 1) unha proxección do documental Fronteiras, seguida dun coloquio ao que acudirán Rubén Pardiñas (director da película) e Carlos Varela Aenlle (académico correspondente da RAG en Asturias).
 
Máis información aquí
  
Posted by Fronteiras at 12:45:23 | Permalink | No Comments »

Tuesday, May 6, 2008

Artigo no Faro de Vigo

Hoxe sae publicado no Faro de Vigo un artigo sobre a situación do documental en Galicia, coas opinións dos directores Lois Patiño, Margarita Ledo, Miguel Abad e Rubén Pardiñas

Para ler o artigo pica aquí
  

Posted by Fronteiras at 12:38:04 | Permalink | No Comments »

Thursday, May 1, 2008

Reportaxe en El Cultural

Co gallo da celebración de Documenta Madrid 08 sae hoxe publicado en El Cultural de El Mundo unha ampla reportaxe na que varios directores (entre outros José Luis Lopez Linares, Javier Corcuera, e tamén Rubén Pardiñas) falan sobre as súas películas e o xénero documental en xeral.

Máis información en El Cultural
  

Posted by Fronteiras at 14:30:44 | Permalink | No Comments »

Tuesday, April 22, 2008

Horarios definitivos de FRONTEIRAS en Documenta Madrid 08

Documenta Madrid 08 programou dúas proxeccións de FRONTEIRAS. Despois de varios cambios nos días e horarios, éstes son os definitivos:

Sábado 3 de maio ás 19:30 nos Cines Princesa

Martes 6 de maio ás 20:30 no Círculo de Bellas Artes 
    

Posted by Fronteiras at 13:48:15 | Permalink | No Comments »