´Cinemas Dixitais´ inclúe FRONTEIRAS na súa programación

O ciclo ´Documentais I´ do programa ´Cinemas Dixitais´(iniciativa da Axencia Audiovisual de Galicia) incluirá entre os seus títulos FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas. A película comezará a ser distribuída desde xaneiro en teatros e auditorios de máis de cen concellos. ´Cinemas Dixitais´ é un proxecto de creación dunha rede alternativa de exhibición en soporte dixital ao longo da xeografía galega e á maneira do cinema tradicional.
Máis información na Axencia Audiovisual de Galicia