Thursday, January 10, 2008

´Cinemas Dixitais´ inclúe FRONTEIRAS na súa programación

O ciclo ´Documentais I´ do programa ´Cinemas Dixitais´(iniciativa da Axencia Audiovisual de Galicia)  incluirá entre os seus títulos FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas. A película comezará a ser distribuída desde xaneiro en teatros e auditorios de máis de cen concellos. ´Cinemas Dixitais´ é un proxecto de creación dunha rede alternativa de exhibición en soporte dixital ao longo da xeografía galega e á maneira do cinema tradicional.

Máis información na Axencia Audiovisual de Galicia

Posted by Fronteiras in 11:11:39 | Permalink | Comments Off

Friday, December 28, 2007

A opinión de Xosé Luís Méndez Ferrín e de Lluís Xabel Álvarez

 
Recuperamos hoxe dous interesantes artigos (que inclúen cadansúa cita ao documental FRONTEIRAS) nos que se expoñen dúas posturas diferentes con respecto á polémica ”lingüística-cultural-política” do Eo-Navia. Pola parte galega escribe Xosé Luís Méndez Ferrín, no Faro de Vigo (30.03.07). Pola asturiana, Lluís Xabel Álvarez, en La Voz de Asturias (14.01.07). Os dous interveñen en FRONTEIRAS.

Para ler o artigo de Xosé Luís Méndez Ferrín pica aquí

Para ler o artigo de Lluís Xabel Álvarez pica aquí
   

Posted by Fronteiras in 09:55:04 | Permalink | Comments Off

Monday, December 3, 2007

Crítica de FRONTEIRAS no Novas da Galiza

Xan Gómez Viñas escribiu no número do 15 de outubro ao 15 de novembro do xornal Novas da Galiza unha crítica sobre o documental FRONTEIRAS:

Assim, em ‘Fronteiras’, nomeadamente na sua primeira parte, as opinions dos ‘expertos’ solapáromse de tal maneira que, por exemplo, aos membros da Academia da Língua Asturiana responderá de um modo tam imediato como implacável Méndez Ferrín, a quem se atribui no filme o direito da última palavra. Assim, a estrutura do documentário perde a sua condiçom dialéctica para tornarse diálogo fechado em que apenas mudarám os postulados iniciais, por outra parte já conhecidos, de cada um dos entrevistados, fazendo inútil a longa duraçom –quase umha hora- da fita. Mesmo assim, ‘Fronteiras’ emerge como documento fílmico da diglossia e a perda de identidade dos galego falantes, tanto dentro como fora da Galiza oficial. Intervençons como a de um labrego de Sanabria quem, num perfeito galego, expom “isto nom é Galiza nem o caralho…”, aproxima-nos à origem do problema de maneira muito mais viva e directa que os sucessivos debates filológicos sem saída à vista.

Ademais dalgunhas outras opinións sobre FRONTEIRAS, Gómez Viñas toca a interesante cuestión da presunta obxectividade do xénero documental, que di non ter atopado no traballo de Rubén Pardiñas (aínda que non explica se isto lle parece ben ou mal). 

Ler a crítica completa na páxina 18 do Novas da Galiza – 59 
  

Posted by Fronteiras in 19:20:24 | Permalink | Comments Off

Friday, November 23, 2007

Un pouco de polémica…

Cando só faltan seis días para o pase no Festival de Xixón, rescatamos dúas ligazóns a sitios nos que a xente deixou as súas opinións (máis ou menos tremendistas) sobre a nosa peliculiña FRONTEIRAS:

Berro al ouguido, onde hai quen pensa que o documental é unha “proclamación nazi-espansionista gallega”

ArroutadaNoticias, onde alguén di que “nen no cinema máis chusco de propaganda se chegaba tan lonxe”
  

Posted by Fronteiras in 12:53:08 | Permalink | Comments (3)

Tuesday, October 30, 2007

FRONTEIRAS no festival Cineuropa de Santiago de Compostela

O festival de cinema Cineuropa de Santiago de Compostela, que este ano celebra a súa XXI edición, incluirá FRONTEIRAS, de Rubén Pardiñas, na súa programación. Do 6 de novembro ao 3 de decembro poderanse ver en Santiago arredor de cen películas entre as que estarán os principais premios e filmes dos diferentes festivais internacionais celebrados ao longo desta tempada. A proxección de FRONTEIRAS terá lugar o martes 27 de novembro ás 20:00 horas, no auditorio da Aula Sociocultural Caixa Galicia (Rúa Carreira do Conde, 18). 

Máis información aquí
  

Posted by Fronteiras in 15:29:40 | Permalink | Comments Off

Friday, July 27, 2007

Ficha, imaxes e outros datos de FRONTEIRAS

Estas son as tres fichas do documental máis completas que hai na rede:

Pasacana Films (Produtora do documental)

AVG (Soportal do Audiovisual Galego do Consello da Cultura Galega)

Axencia Audiovisual Galega (Consellería de Cultura)
   

Posted by Fronteiras in 20:38:53 | Permalink | Comments Off

Wednesday, July 25, 2007

Estrea en televisión de FRONTEIRAS

Hoxe estréase FRONTEIRAS en televisión. A TVG, co gallo do día de Galicia, programou o documental contra as 16:00 horas do serán.
   

Posted by Fronteiras in 09:35:12 | Permalink | Comments Off